lunes, 23 de febrero de 2026

NOVA SECCIÓN NA NOSA BIBLIOTECA: O CAMIÑO DE SANTIAGO

 Bo día, superlectores!

Como este curso estamos investigando e explorando no tema do camiño de Santiago, xa que tamén participamos no programa "Vexo, vexo Xacobeo", contamos na nosa biblioteca cunha nova sección dedicada en exclusiva ao Camiño de Santiago.

Contamos con moito material variado: álbums ilustrados, contos, novelas, libros de teatro, libros informativos, folletos, libros de fotografías.... e tamén varios xogos de mesa. Espero que vos gusten moito e que sigamos aprendendo moito máis sobre o camiño!




martes, 10 de febrero de 2026

TEMA DO MES

 Bo día, superlectores!

Para desfrutar desta estación e poder acompañala cunha boa lectura, contades cunha selección de material na biblioteca, que seguro que vos vai encantar.



lunes, 26 de enero de 2026

AS MOCHILAS VIAXEIRAS CHEGAN A INFANTIL

Bo día, superlectores!

Esta semana, a aventura das mochilas viaxeiras, chega tamén a Educación Infantil. Cóntase con tres mochilas diferentes, unha para cada curso da etapa, que se irán rotando entre o alumnado da mesma idade.

Esperamos que a selección realizada sexa do voso interese e que desfrutedes moito deste material entre toda a familia.


viernes, 23 de enero de 2026

COMEZA A AVENTURA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Bo día, superlectores!

Hoxe comparto con vós unha das novidades deste curso. Comezaron a viaxar cara os vosos fogares unhas mochilas viaxeiras, para a etapa de Educación Primaria. Estas mochilas permitirán levar libros á casa para compartilos coa familia. Na mochila van materiais diversos, pensando nos diferentes intereses. Hai moitas posibilidades e en diferentes idiomas (galego, castelán e inglés): libros de emocións, de manualidades, de poesía, cómics, revistas ou xogos de preguntas.

Estas mochilas estarán uns días no voso fogar, para que poidades desfrutar dela. Agardamos que resulte unha experiencia lectora moi positiva!


 

martes, 20 de enero de 2026

NOVIDADES DE XANEIRO

 Bo día, superlectores!

Aquí podedes ver as novidades máis recentes chegadas á biblioteca.

Para  Educación Infantil e o primeiro ciclo de primaria dispoñemos dalgún álbum ilustrado novo como Non é unha caixa, é unha cidade.

Para o segundo e terceiro ciclo de primaria, dispoñedes dos primeiros títulos da colección Los cazamisterios ou a nova edición do xornal en galego O Papagaio.

Achegádevos á biblioteca para desfrutar das novas adquisicións!













 O rato Frailiño

miércoles, 14 de enero de 2026

VISITA DE PACO NOGUEIRAS


Bo día, superlectores de Sobrado!

Levamos xa uns días de volta no cole e xa comezamos a facer actividades dende a biblioteca. Hoxe contamos coa visita de Paco Nogueiras. Durante a súa visita, musicou contos moi relacionados coas cores e a natureza. Escoitamos contos como:

- Flores, un novo título da colección “Do berce á lúa”.

- Unha eiruga moi larpeira, que  amosa a metamorfose dun verme ata convertirse nunha fermosa bolboreta. 

- Non é unha caixa, é unha cidade.

- O coelliño branco.

- A banda que ninguén coñece.

Grande e pequena, XVIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Foi unha hora chea de moito ritmo e risas, entre as versións cantadas destes contos.


jueves, 8 de enero de 2026

ESTAMOS DE VOLTA!

 Bo día, superlectores!

Estamos de volta, pensando novas actividades para facer na nosa biblioteca. A próxima semana teremos unha visita moi especial. Estade atentos/as ás novidades!!




O rato Frailiño