Ola, amiguiños e amiguiñas!
Estes últimos días de clase as temperaturas están sendo moi altas, verdade? E que mellor forma de facerlles fronte pode existir que descansar á sombra das árbores cunha boa lectura? Así o fixemos estes últimos días, realizando lecturas compartidas en grupos, na zona verde do patio.
Os nenos de Ed. Infantil puideron desfrutar de grandes clásicos como Cocorico, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ou Chibos chibóns.
Os nenos de 1º e 2º de Ed. Primaria decubristes lecturas máis refrescantes, sobre o verán, como a do conto "O ladrón de Sol", onde esquío e paxaro van descubrindo moitas cousas sobre a estación do verán.
Sen dúbida foi unha actividade moi gratificante, na que o alumnado dos cursos máis altos tamén desfrutou moito, léndovos historias moi divertidas.
Aquí vos deixo un pequeno recordo destes últimos días, nos que fixemos as lecturas compartidas:
E con isto, despídome por este curso. Recordade que vos vou estar esperando na biblioteca o próximo curso! Pasade unhas boas vacacións!!Ata o próximo curso!
Unha aperta grande,
Frailiño🐭






_pages-to-jpg-0015.jpg)
_pages-to-jpg-0016.jpg)
_pages-to-jpg-0017.jpg)
_pages-to-jpg-0013.jpg)
_pages-to-jpg-0014.jpg)


_pages-to-jpg-0012.jpg)
_pages-to-jpg-0011.jpg)
_pages-to-jpg-0010.jpg)





_pages-to-jpg-0007.jpg)
_pages-to-jpg-0008.jpg)
_pages-to-jpg-0009.jpg)


_pages-to-jpg-0005.jpg)
_pages-to-jpg-0006.jpg)

.png)




.png)
_pages-to-jpg-0002.jpg)
_pages-to-jpg-0003.jpg)
_pages-to-jpg-0004.jpg)
.png)



.png)
