jueves, 18 de junio de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Estes últimos días de clase as temperaturas están sendo moi altas, verdade? E que mellor forma de facerlles fronte pode existir que descansar á sombra das árbores cunha boa lectura? Así o fixemos estes últimos días, realizando lecturas compartidas en grupos, na zona verde do patio.

Os nenos de Ed. Infantil puideron desfrutar de grandes clásicos como Cocorico, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ou Chibos chibóns.

Os nenos de 1º e 2º de Ed. Primaria decubristes lecturas máis refrescantes, sobre o verán, como a do conto "O ladrón de Sol", onde esquío e paxaro van descubrindo moitas cousas sobre a estación do verán.

Sen dúbida foi unha actividade moi gratificante, na que o alumnado dos cursos máis altos tamén desfrutou moito, léndovos historias moi divertidas.

Aquí vos deixo un pequeno recordo destes últimos días, nos que fixemos as lecturas compartidas:

E con isto, despídome por este curso. Recordade que vos vou estar esperando na biblioteca o próximo curso! Pasade unhas boas vacacións!!

Ata o próximo curso!

Unha aperta grande,

Frailiño🐭

lunes, 15 de junio de 2026

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES DO CLUB DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Hoxe veño a contarvos que o Club de lectura, levou a cabo varios apadriñamentos e amadriñamentos lectores na hora de ler, na zona verde do patio. Nesta actividade leron en varios grupos os contos: "Marosa e Mariña camiñan a Compostela" e "Bo camiño, Valentiño", dous álbums ilustrados moi interesantes e centrados no Camiño de Santiago, temática central do Club de Lectura.

Foi unha experiencia moi positiva e gratificante. A continuación deixovos algunhas fotos deste experiencia:




Frailiño 🐭


viernes, 29 de mayo de 2026

ACTIVIDADES FINAIS DO CLUB DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Os dous libros seleccionados para os dous grupos do Club de lectura, veñen de rematar a súa lectura. Por iso, na xuntanza do club de lectura desta semana, centráronse en reunirse a falar, razonar e analizar todo o visto. 

No Grupo 1 levouse a cabo a actividade "Unha palabra e un motivo". Cada participante escolleu unha palabra representativa da lectura e explicou o motivo da súa elección. As reflexións quedaron recollidas en post-its colocados sobre a mascota da biblioteca, formando unha nube colectiva de emocións e impresións arredor do libro.

                     


O Grupo 2 realizou unha valoración final da obra leída mediante a gravación de podcast na radio escolar. O alumnado preparou previamente o guión, organizou as intervencións e compartiu recomendacións, opinións e reflexións persoais sobre a experiencia lectora, desenvolvendo así a competencia comunicativa e dixital.





viernes, 22 de mayo de 2026

FESTIVAL OS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Hoxe quérovos falar dunha actividade marabillosa que celebramos hoxe no cole… e na que participastes moi animados: o festival relizado na zona verde do patio.

Este mes estivemos traballando as Letras Galegas e coñecendo a autora homenaxeada: Begoña Caamaño e hoxe demostrastes cantas cousas aprendistes sobre ela.

O alumnado de primaria elaborou unhas regueifas moi fermosas sobre a lingua galega e o noso colexio que estiveron preparando durante semanas e hoxe recitaron para comezar o festival.

Ademais, varios alumnos/as de toda a etapa de primaria, de forma voluntaria, prepararon varias cancións en galego para cantar e acompañar coa pandeireta, foi marabilloso vervos e escoitarvos!

O alumnado de 3º e 4º de primaria cantaron ao unísono a fermosa canción "Begoñísima", sobre a escritora Begoña Caamaño. Aínda sigo repetindo o retrouso: "Ai Begoña, compañeira, muller libre e feminista..."

Para rematar, o alumnado de Infantil interpretou e bailou moi ben a canción de broche final do festival. Foi unha tarde chea de música, moito ritmo e co galego por bandeira! Encántame ver o participativos que sodes!

Espero que sigades facendo actividades tan fermosas!!

Unha aperta enorme,

Frailiño 🐭

viernes, 15 de mayo de 2026

FIN DE LECTURAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

As aventuras da cuadrilla e das formig4s chegaron ao seu fin e nos clubs de lectura quedaron con moi boas experiencias sobre elas. Foron do seu interese, entretidas, dinámicas... e ademais aprenderon moitas cousas novas sobre o camiño de Santiago e a propia experiencia de facer o camiño.

Para rematar a aventura, podedes ver aquí o reto final do último capítulo do libro do Grupo 2: 



miércoles, 6 de mayo de 2026

TEMA DO MES: EUROPA

 Comezamos o mes do día de Europa e na nosa biblioteca atopamos moito material desta temática

jueves, 30 de abril de 2026

RECTA FINAL NO CLUB DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!

O grupo 2 do Club de lectura está rematando o seu libro de lectura. Na sesión desta semana, enfocáronse no capítulo 9 do libro e tiveron que facerlle fronte a retos deste tipo: 


domingo, 26 de abril de 2026

BUZÓN DE PETICIÓNS E SUXERENCIAS

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Hoxe veño contarvos unha novidade que me fai moitísima ilusión!

Na nosa biblioteca apareceu un novo elemento... un fermoso buzón de madeira que foi creado co material de Polos Creativos do colexio. Agora será o encargado de gardar todas as vosas ideas para facer da biblioteca un lugar aínda mellor.

E... para que serve este buzón? Moi fácil! Se hai algún libro que vos gustaría ler e aínda non temos, ou se se vos ocorre algunha idea para mellorar a biblioteca, podedes deixarma escrita.

Dentro da biblioteca atoparedes unha caixa chea de anacos de queixo de papel 🧀. Collédeo, escribide nel a vosa petición ou suxestión e, cando rematedes, só tedes que depositalo no buzón, que está situado fóra, ao lado da porta de entrada da biblioteca.

 

Prometo revisar todas as mensaxes con moita atención. Quen sabe... igual grazas ás vosas ideas pronto chegan novos libros ás estanterías ou aparecen sorpresas na biblioteca!

Así que xa sabedes: cada anaco de queixo é unha oportunidade para facer medrar este recuncho tan especial entre todos e todas.

Anímovos a participar! Estou desexando ler as vosas mensaxes! 🐭💛

Unha aperta grande,

Frailiño 🐭

viernes, 24 de abril de 2026

FEIRA DO LIBRO - CULTIVANDO LECTURAS

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Hoxe quérovos falar dunha actividade marabillosa que celebramos no cole… e na que participastes moi activamente, axudando a manter viva a miña biblioteca e enchendo de cor e alegría o noso xardín.

Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado 23 de abril, organizouse unha feira do libro moi especial, na que o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria foi protagonista. Nesta xornada, os nenos e nenas puidestes levar libros para as vosas casas a cambio dunha planta, contribuíndo así ao coidado e atención do xardín escolar.

A actividade, aberta a toda a comunidade educativa, contou tamén coa participación de numerosas familias, que se sumaron a esta iniciativa e compartiron a xornada con nós.
 
A feira completouse con diversas propostas lúdicas e creativas: un mural, zona de manualidades, espazo de estampación e pintura, zona de construción, así como un recuncho para fotografías. Todas estas actividades permitiron gozar dunha mañá dedicada á lectura e á natureza, fomentando ao mesmo tempo hábitos lectores e a conciencia sobre a importancia de coidar o medio no que vivimos.
 
Comparto con vós a continuación un pequeno vídeo resumo desta xornada, que reflicte o bo ambiente creado e a participación de toda a comunidade educativa.
 

Felicítovos pola vosa participación e entusiasmo! Ata a próxima aventura lectora! Sigamos mellorando o noso colexio xuntos!🌼🌱🌷🌸

Unha aperta enorme,

Frailiño 🐭

viernes, 17 de abril de 2026

INMERSOS NA LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Comezou xa a última avaliación deste curso pero as lecturas non rematan aínda.

No Club de lectura seguen moi centrados e metidos nas súas respectivas historias. O grupo 2 tivo que enfrontarse nesta nova xuntanza a outros rectos lectores cada vez máis complexos. Aquí podedes ver en que consistían: