jueves, 18 de junio de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola, amiguiños e amiguiñas!

Estes últimos días de clase as temperaturas están sendo moi altas, verdade? E que mellor forma de facerlles fronte pode existir que descansar á sombra das árbores cunha boa lectura? Así o fixemos estes últimos días, realizando lecturas compartidas en grupos, na zona verde do patio.

Os nenos de Ed. Infantil puideron desfrutar de grandes clásicos como Cocorico, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ou Chibos chibóns.

Os nenos de 1º e 2º de Ed. Primaria decubristes lecturas máis refrescantes, sobre o verán, como a do conto "O ladrón de Sol", onde esquío e paxaro van descubrindo moitas cousas sobre a estación do verán.

Sen dúbida foi unha actividade moi gratificante, na que o alumnado dos cursos máis altos tamén desfrutou moito, léndovos historias moi divertidas.

Aquí vos deixo un pequeno recordo destes últimos días, nos que fixemos as lecturas compartidas:

E con isto, despídome por este curso. Recordade que vos vou estar esperando na biblioteca o próximo curso! Pasade unhas boas vacacións!!

Ata o próximo curso!

Unha aperta grande,

Frailiño🐭

lunes, 15 de junio de 2026

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES DO CLUB DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Hoxe veño a contarvos que o Club de lectura, levou a cabo varios apadriñamentos e amadriñamentos lectores na hora de ler, na zona verde do patio. Nesta actividade leron en varios grupos os contos: "Marosa e Mariña camiñan a Compostela" e "Bo camiño, Valentiño", dous álbums ilustrados moi interesantes e centrados no Camiño de Santiago, temática central do Club de Lectura.

Foi unha experiencia moi positiva e gratificante. A continuación deixovos algunhas fotos deste experiencia:




Frailiño 🐭