Ola, amiguiños e amiguiñas!
Hoxe quérovos falar dunha actividade marabillosa que celebramos hoxe no cole… e na que participastes moi animados: o festival relizado na zona verde do patio.
Este mes estivemos traballando as Letras Galegas e coñecendo a autora homenaxeada: Begoña Caamaño e hoxe demostrastes cantas cousas aprendistes sobre ela.
O alumnado de primaria elaborou unhas regueifas moi fermosas sobre a lingua galega e o noso colexio que estiveron preparando durante semanas e hoxe recitaron para comezar o festival.
Ademais, varios alumnos/as de toda a etapa de primaria, de forma voluntaria, prepararon varias cancións en galego para cantar e acompañar coa pandeireta, foi marabilloso vervos e escoitarvos!
O alumnado de 3º e 4º de primaria cantaron ao unísono a fermosa canción "Begoñísima", sobre a escritora Begoña Caamaño. Aínda sigo repetindo o retrouso: "Ai Begoña, compañeira, muller libre e feminista..."
Para rematar, o alumnado de Infantil interpretou e bailou moi ben a canción de broche final do festival. Foi unha tarde chea de música, moito ritmo e co galego por bandeira! Encántame ver o participativos que sodes!
Espero que sigades facendo actividades tan fermosas!!
Unha aperta enorme,
Frailiño 🐭

No hay comentarios:
Publicar un comentario