Como vedes, a dificultade vai en aumento!!
Unha aperta,
Frailiño
Unha aperta,
Frailiño
Ola, amiguiños e amiguiñas!
Hoxe quérovos falar dunha actividade moi especial que fixestes no cole… e que eu estiven observando con moita atención dende o meu recunchiño.
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, todo o alumnado participou na creación duns murais colaborativos cheos de arte e cor. Cada curso puxo o seu gran de area para conseguir un resultado final moi fermoso.
Inspirástesvos nunha técnica moi chamativa, ao estilo de Andy Warhol, pintando a cara de Rosalía con cores diferentes e moi vivas. Cada grupo fixo a súa versión, e quedaron unhas composicións súper orixinais e alegres.
Ademais, enchestes os murais de rosas moi bonitas, dándolle un toque aínda máis especial. E sabedes que máis me gustou? Que os cursos máis altos de primaria escribistes poemas, que logo se engadiron aos murais. Así, mesturastes arte e poesía para renderlle unha homenaxe moi completa a Rosalía.
Grazas ao traballo en equipo de todos e todas, o colexio encheuse de cor, creatividade e moito sentimento. Eu, como bo rato de biblioteca, estou encantado de ver canto aprendestes e o ben que o fixestes!
Parabéns polo voso traballo! Ata a próxima aventura lectora!
Unha aperta grande,
Frailiño
Bo día, superlectores!
Como este curso estamos investigando e explorando no tema do camiño de Santiago, xa que tamén participamos no programa "Vexo, veo Xacobeo", contamos na nosa biblioteca cunha nova sección dedicada en exclusiva ao Camiño de Santiago.
Contamos con moito material variado: álbums ilustrados, contos, novelas, libros de teatro, libros informativos, folletos, libros de fotografías.... e tamén varios xogos de mesa. Espero que vos gusten moito e que sigamos aprendendo moito máis sobre o camiño!
Ola amiguiños e amiguiñas!
O Club de lectura está avanzando moito nas súas lecturas e por iso xurdiu a necesidade de utilizar un marcapáxinas, para non perderse. E que mellor idea que ter un marcapáxinas personalizado, propio do club de lectura?? Aquí tedes os bocetos creados, cos logotipos do grupo 1 e 2 e abaixo, as creacións que fixeron todos os participantes no club de lectura, na outra cara do marcapáxinas.
Bo día, superlectores!
Para desfrutar desta estación e poder acompañala cunha boa lectura, contades cunha selección de material na biblioteca, que seguro que vos vai encantar.
Ola amiguiños e amiguiñas!
No grupo 2 do Club de lectura tocoulles superar uns retos moi inxeniosos, relacionados cos dous primeiros capítulos do libro que están a ler: Formig4s. Misión Camiño de Santiago.
Podedes acceder aos retos que tiveron que resolver nestas imaxes:
Como vedes, están aprendendo moitas cousas sobre o Camiño de Santiago e todo o que o rodea.
Ata a próxima aventura lectora!
Frailiño
Bo día, superlectores!
Esta semana, a aventura das mochilas viaxeiras, chega tamén a Educación Infantil. Cóntase con tres mochilas diferentes, unha para cada curso da etapa, que se irán rotando entre o alumnado da mesma idade.
Esperamos que a selección realizada sexa do voso interese e que desfrutedes moito deste material entre toda a familia.
Bo día, superlectores!
Aquí podedes ver as novidades máis recentes chegadas á biblioteca.
Para Educación Infantil e o primeiro ciclo de primaria dispoñemos dalgún álbum ilustrado novo como Non é unha caixa, é unha cidade.
Para o segundo e terceiro ciclo de primaria, dispoñedes dos primeiros títulos da colección Los cazamisterios ou a nova edición do xornal en galego O Papagaio.
Achegádevos á biblioteca para desfrutar das novas adquisicións!
O rato Frailiño
Bo día, superlectores de Sobrado!
Levamos xa uns días de volta no cole e xa comezamos a facer actividades dende a biblioteca. Hoxe contamos coa visita de Paco Nogueiras. Durante a súa visita, musicou contos moi relacionados coas cores e a natureza. Escoitamos contos como:
- Flores, un novo título da colección “Do berce á lúa”.
- Unha eiruga moi larpeira, que amosa a metamorfose dun verme ata convertirse nunha fermosa bolboreta.
- Non é unha caixa, é unha cidade.
- O coelliño branco.
- A banda que ninguén coñece.
- Grande e pequena, XVIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Foi unha hora chea de moito ritmo e risas, entre as versións cantadas destes contos.