O venres desfrutamos dunha xornada de contacontos, centrados na temática da lectura e os libros, para celebrar o día das bibliotecas.
Leváranse a cabo tres contacontos diferentes:
- O alumnado de Educación Infantil gozou dun contacontos sobre o libro "Un universo na túa maleta"
- Os nenos e nenas de 1° e 2 escoitaron a súa versión do libro "O circo dos contos"
- Os estudantes de 3°, 4°, 5° e 6° tamén puideron desfrutar do seu momento de contacontos do libro "Os Robinson e a biblioteca pirata"
Todo o alumnado conseguiu un marcapáxinas e un pasaporte lector por participar nesta actividade da biblioteca. Tamén crearon a súa propia versión dun libro, con varios personaxes elixidos en común entre todos os nenos e nenas.











No hay comentarios:
Publicar un comentario